Reunido o padroado da Fundación Amigos de
Galicia na súa sede social en Santiago de Compostela ás 17 horas do
día dez de xuño de 2007, baixo a presidencia do seu titular D. Jesús
Busto Peteiro, con único punto da orden do día:
Concesión do Grelo de Ouro 2007
O remate da demandita sesión de traballo levantan acta co seguinte
acordo:
Unha vez examinadas a terna de candidaturas propostas polos patronos
da Fundación Amigos de Galicia se acorda por total unhanimidade
concede-lo GRELO DE OURO 2007, na súa XX edición, a “La Voz de
Galicia”.
O Xurado encargado de concede-lo máximo galardón da Fundación Amigos
de Galicia, tivo en conta e valorou os seguintes considerandos:
O feito de que ó catro de xaneiro de 1882 saíra á rúa o primeiro
exemplar, cun formato de 30x45 con catro páxinas, baixo a dirección
de D. Juan Fernández La Torre. Baixo unha ideoloxia democrática,
progresista e libre pensadora, cun prezo por exemplar de unha
peseta.
Dende a súa saída ata hoxe foi e segue a ser o de máis difusión na
comunidade galega, ocupando o oitavo posto dentro do ranking
nacional da prensa escrita.
O resistir ós abatares propios da Guerra Mundial, baixo unha
editorial “neutral”, e ó inicio da Guerra Civil pon a proba a liña
liberal da “La Voz de Galicia”.
Unha data clave acontece no ano 1963, cando se incorpora á xerencia
do rotativo coruñés D. Santiago Rey Fernández-La Torre, neto do
fundador. A tirada diaria nese momento era de 30.000 exemplares. A
celebración en 1982 do centenario da Voz, momento cumbre da historia
do xornal. Convertindose tres anos máis tarde nunca empresa
“multimedia”.
Estamos pois ante un xornal que elexiu o camiño difícil; o camiño do
traballo, da honradez do esforzo continuado e da innovación
permanente. Crea unha rede de emisoras de radio. Unha editorial
baixo a bandeira da Biblioteca Galega. Pon en marcha VIDEO-VOZ TV,
productora de televisión. O anuario de Galicia, publicación anual
que recolle o acontecer de todo o ano no mundo, España e Galicia, e
funda a Axencia Galega de Noticias.
O padreado da Fundación Amigos de Galicia considera que “La Voz de
Galicia”, contribuiu a escribir unha importante páxina de honra da
historia de Galicia, conducindo maxistralmente a nave deste xornal,
La Voz de Galicia celebra no 2007 o 125 aniversario.
Especial relieve adquire esta concesión do Grelo de Ouro, por
tratarse dun xornal que se volcou desde sempre coa nosa realidade
cultural, representando singularmente pola importancia que desde o
propio xornal e as empresas que configuran o grupo La Voz de
Galicia, prestaron e seguen en permanente primeira liña a prol dos
valores máis genuinos coa adicación constante ás nosas comarcas o
traveso das 13 edicións que configuran o rotativo que dende A Coruña
se esplalla ó Mundo, o que o convirte no primeiro xornal europeo e
pioneiro na chamada comarcalización informativa.
Así mesmo este xurado valora moi positivamente os valores humanos de
D. Santiago Rey Fernandez-La Torre. Persoa igualmente querida polos
máis de 400 empregados, que co seu día a día, fixeron posible que La
Voz de Galicia acade cumplir 125 anos de existencia, cousa que sería
inviable sen a relación de cordialidade e humanidade entre empresa e
traballador.
Este padroado resalta a adicación constante e sen desanimo ó mundo
empresarial o traveso dunha intensa actividade o frente do grupo La
Voz de Galicia. Esta actividade se concreta no amplo abano que baixo
o denominador común da información configuran eses primeiros postos
dentro da prensa escrita-oral, televisiva e editorial se exerce
desde Galicia, facendo patria lonxe da terra.
Este xurado sintese profundamente orgulloso con esta nova concesión
que se suma ós moitos recoñecementos que este ano está a recibir.
A entrega do grelo de ouro 2007, maxima distinción que concede a
Fundación Amigos de Galicia, lle será entregada no vindeiro mes de
novembro en data que será oportunamente anunciada e que terá lugar
nun solemne acto que se celebrará no Panteón de Galegos Ilustres no
mosterio de San Domingos de Bonabal.
Non tendo máis asuntos que tratar se levanta a sesión ás vinte horas
do anteriormente citado día.
Ado: José Vascuas Canicoba Secretario Fundación Amigos de Galicia
V.B. Presidente
Jesús Busto Peteiro